sábado, 24 de octubre de 2015

Outras formas de comunicarnos

Durante os últimos días, os alumnos de 5º de primaria estivemos a traballar a comunicación, e dentro dela, as formas de comunicación. Falamos de comunicación verbal, non verbal...e as súas formas.

Pois ben, unha das formas de comunicación que máis nos fascinou foi a linguaxe de signos, que é esa forma que teñen de comunicarse os xordos cos demais. Pareceunos moi interesante.
 Aprendimos o alfabeto dactilolóxico (así se chama o seu abecedario), e algúns signos característicos...e ao final pois lanzámonos a aprender unha canción.

Ademais, quixemos facer de profes e ensinarlles un pouquiño do que aprendimos aos nosos compañeiros de terceiro de primaria, para que eles tamén coñeceran esta lingua diferente da nosa habitual (e por certo, foron uns alumnos estupendos!!!)

Aquí vos deixamos dous pequenos vídeos do que aprendemos...e do que ensinamos! Pulsade nos enlaces que vos poñemos agora. A ver se vos gustan!


Cantamos unha canción signada



E practicamos cos compañeiros de terceiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario