lunes, 18 de enero de 2016

Somos emprendedores!!

O pasado venres, 5º e 6º fixemos a primeira saída do curso. Nela ensináronnos as características que ten unha persoa emprendedora; e dixéronnos que se pelexabamos e estabamos convencidos das nosas ideas podíamos levalas a cabo con éxito.

Para iso fomos ao CIFP Ferrolterra, no que nos ensinaron, grazas ao programa EDUemprende da Xunta de Galicia, todos os obradoiros e ciclos formativos que alí teñen e no que aprenden moitísimas cousas moi útiles para todas as persoas.. A verdade é que o pasamos moi ben, e sobre todo nos deron moitas ganas de traballar e levar a cabo as nosas ideas...e quen sabe, quizáis dentro duns anos nos volvamos a ver algúns de nós nas nosas propias, innovadoras e exitosas empresas!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario